
Tres policias nacionais feridos na Coruña durante unha intervención por un roubo con violencia
Redacción
Tres axentes da Policía Nacional han resultado feridos na Coruña na madrugada do luns mentres realizaban unha intervención policial, segundo informaron a Europa Press fontes da Xefatura Superior de Policía de Galicia.
Os feitos producíronse sobre as 01.30 horas entre a Rolda de Outeiro e a avenida de Arteixo cando se desprazaron ao lugar por un roubo con violencia.
Desde a Policía Nacional, indicaron que o autor levaba dúas armas brancas e mostrouse "algo violento" durante a intervención dos axentes.
Os mesmos, precisaron, resultaron feridos como resultado da "redución" do home dado o seu estado, aínda que non lles agrediu, remarcaron, coas armas brancas que levaban.